Entorno

Blog do grupo A

A NOCION DE GOBERNANZA COMO XESTION PUBLICA PARTICIPATIVA E RETICULAR. A. NATERA. (GRUPO A - HÉCTOR)

Posted by administraciones on Abril 16, 2008

Neste artigo fainos A. Natera un percorrido pola noción de gobernanza como xestión pública participativa e reticular.

Faino empregando o concepto de Gobernanza como eixo central, que se amplia cara a xestión de redes como medio para conseguir os fins que persigue.

O concepto de gobernanza ten sido estirado conceptualmentemen no últimos tempos, tanto nos fenómenos os que representa, como nos ámbitos os que se aplica, interesandonos especialente, debido os fins deste curso, todo o tocante a gobernanza en relación co sector público, a que se refire con profusión o artigo.

Mostranos así o concepto de gobernanza como posta en práctica de estilos de gobernar nos que difuminan os límites entre ó público e o privado, onde precisamente o público pode liderar ou facer de catalizador, mentres que o privado sería o verdadeiro combustible para mover, pero todo elo relacionado “horizontalmente”, fronte as relacións verticais tradicionais do goberno.

Así na actualidade o concepto de gobernanza constituiría un novo estilo de goberno, distinto do modelo de control xerárquico, caracterizado por un maior grao de interacción e de cooperación entre a administración e os actores non públicos, no interior de redes decisionales mixtas entre o público e o privado, co cambio de sentido do “goberno” que esto significa, co cambio en canto o método co que a sociedade se goberna que esto significa.

Neste senso o intríngulis da gobernanza é a importancia que se atribue os mecanismos de go berno que non se basan solamente nos recursos das autoridades públicas, nin nas suas actutuacións, senón nó funcionamento do conxunto da rede, non se base na xearquía, sinón na interacción entre actores e nas redes interorganizacións.

Así a gobernanza ten que ver coas estructuras e procesos mediante os que os distinto intervintes, públicos e privados, políticos e sociais, levan a cabo prácticas de intercambio, cooordinación, control e adopción de decisións nos sistemas democráticos

Na aparición da gobernanza e no seu desenvolvemento teñen que ver temas como a crisis fiscal, o xiro ideolóxico cara o mercado, a globalización, a emerxencia do paradigma da nova xestión pública, a converxencia da complexidade, velocidade e diversidade do cambio social, así como o incremento da complexidade e fragmentación das estructura políticas e administrativas.

“A Globalización como o Deus Xudeo-Cristiano, existe por si mesma e carece de causas: a criatura so lle cabe inclinarse ante a forza imparable desta nova realidade, que non é senón o resultado da desregulación sistemática da actividade económica e financieira producto de tres décadas de neoliberalismo. Todo vale para facernos crer que a nosas democracias son incapaces por invencibles razóns de facerse cargo da cousa pública”.

Esto ven a ser unha transformación da administración para adaptarse eficazmente os novos retos do seculo XXI, no que se revalorizan de modo especial as súas capacidades en lugar dos seus poderes formales, e se confia en maior medida en métodos de acordo e concertación, en vez dos métodos e instrumentos puramente coercitivos, para relacionarse cos problemas e co entorno.

Xurde entonces o concepto de capital social (Putnam) como o conxunto formado pola confianza social, as normas e as redes que as persoas poden constituir para resolver os problemas comunes.

Trátase dun cambio no equilibrio entre a administración e a sociedade civil, dunha democracia deliberativa, basada no sentido de identificación e responsabilidade de cada parte en relación co resto de participantes.

Neste marco o espazo mais importante de cooperación Administración-Sociedade son as redes de actores públicos e privados, producíndose unha transformación nos papeles das autoridades públicas, co paso do exercicio xerárquico (goberno), a xestión de redes de actores individuais ou colectivos de diversa natureza (gobernanza).

Esta forma de facer políticas adáptase moito mellor os escenarios sociais complexos e dinámicos, que tería unha coordinación dificil dende un punto de vista tradiconal. Entre as ventaxas das estructuras en rede solense destacar a súa capacidade para fomentar a eficacia e a innovación, o que enlaza claramente con outros temas tratados neste curso, e elo porque:

Permiten acceder a unha variedade maior de fontes de información, ofrecen maiores oportunidades de aprendizaxe, ofrecen bases mais flexibles e estables para a coordinación e o aprendizaxe interactivo, representan mecanismos axeitados para a creación e o acceso o ceñecemento tácito.

Desta entre horizontal en contraste coas orgnizacións verticais e xerarquizadas, que promoven unhas relacións de igualdade entre os distintos actores e axentes sociais e actores e estructuras públicas, basandose na confianza e/ou a lealtade entre os integrantes da rede, que se alonxa dos mecanismos empregados polas burocracias (xerarquía).

As características definitorias das redes de gobernanza serian a existencia dunha estructura multicentrica, a interdependencia entre os actores e a tendenza a desenvolver procesos e alcanzar resultados de forma relacional.

Poderianse clasificar estas redes dacordo con seis dimensións básicas en base á ordenación elemental (densidade, hetereoxenidade e intensidade relacional), a institucionalización (estabilidade), función principal (centradas en problemas, profesionais, de productores, interadminstrativas), as relacións de poder, repartición de intereses e valores en liza, relacións da rede co seu entorno inmediato, todo esto danos idea de por donde vai o enfoque deste tipo de estructuras.

En canto o tipo de relacións de cooperación público-privado que conforman as redes de gobernanza, sempre falando dunha rede desigual (onde os actores da admnistración exercen maior poder), podense propoñer sete tipos de redes: coercitivas, utilitarias, clientelares , articuladas entorno a unha coalición, basadas na cooptación interesada e basadas en vinculos persoais (inclue as familiares ou nepóticas).

¿Cales serían os elementos actividades que favorecen o éxito na de redes por parte dos responsables públicos e/ou líderes?: o fomento de situacións de suma positiva (gañar/gañar), avaliar permanentemente e negociar solucións, posibilitar un marco para a acción cotidiana. Tamén: activar selectivamente a actores e recursos, limitar os costes de transacción, buscar o compromiso dos participantes da rede, velar pola calidade e apertura da interacción entre os actores da rede. Aquí  débense manexar duas habilidades: a de aunar forzas e a de alcanzar metas comunes.

¿Como pode orientarse estratéxicamente a rede?: Aqui interveñen duas dimensións: a xestión das relación internas da rede e a xestión da propia estructura da rede para axeitala as estratexias impulsadas polos responsalbes públicos e/ou líderes, influindo sobre os seguintes parámetros: Ordenación elemental, distribución de poder no seu interior, espacio das percepcións. Aquí resulta decisivo o papel vertebradlor das estructuras e actores públicos, e dos líderes políticos en particular.

A metodoloxía de análisis de redes (network analysis) tense desenvolvido moito nos últimos tempos, grazas o emprego combinado da teoría de grafos, os sociogramas e o tratamento de matrices, así como o perfeccionamento de aplicacións informáticas específicas para traballar con datos relacionais.

Entre os rasgos específicos desta metodoloxía están: utilización de datos relacionais, actores e accións percibidas como interdependentes, vinculos e relacións entre actores como canales de distribución, rede interpretado como espacio de oportunidades dos actores, estructura resultante entendida como rede de redes. Esto faina moi apta para aplicala o estudo das redes horizontais de gobernanza.

O artigo pasa a falar de dous ámbitos de aplicación da gobernanzada: O local e o supranacional.

Toma o ámbito local como como exemplo de cercanía os intereses do administrado, versatilidade e flexibilidade, posibilidade de inclusión, mentres que toma o ámbito supranacional da UE como exemplo de toma de decisions de altas complexidades de partida, que se resolven mediante a gobernanza e a xestión de redes, co fin de tomar decisións, nun ámbito de certo “deficit democrático” tolerado enfocadas a mellora paulatina da transparencia e a eficacia, no ambito dunha gobernanza multinivel.

Remata o artigo falando dos problemas dos sistemas de gobernanza:

1.- A tensión que se produce entre a complexidade do proceso decisional asociado os sistemas de gobernanza e os códigos normativos empregados para explicar e xustificar o goberno.

2.- A tendenza a difuminación da responsabilidades (accountability), debido a difuminación entre o público e o privado.

3.- A tensión persistente que se produce entre a tentación de intervir de forma obligatoria ou vinculante na regulación de conflictos e a dependenza da acción e aceptación por parte dos actores.

4.- Debe destacarse que ainda que os responsbles públicos e os líderes políticos desenvolvan as tareas apropiadas de coordinación, guia e integración de redes, os sistemas de gobernanza poden fracasar, por razón das tensión e os problemas coas organizacións da sociedade civil. Neste senso, os erros dos dirixentes, as diferencias de escala temporal e de horizontes e a gravidade dos conflictos sociais que teñan que enfrentar, poden poñer as bases do fracaso da bogernanza.

CALQUERA ACCIÓN DEBESE ABORDAR CON ILUSIÓN E ENERXÍA, PERO NON PODEMOS PERDER A PERSPECTIVA DE QUE SI, POLO QUE SEXA FRACASAMOS, CALQUERA FRACASO DEBE SER TOMADO COMO UNHA FORMA MOI VALIOSA DE APRENDIZAXE.

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>