compendio de terminología básica de las Naciones Unidas sobre Gobernanza y Administraciones Públicas
Publicado por administraciones on Maio 18, 2008
Comité de expertos en Administracións Públicas das Nacións Unidas. 2008.
-Glosario.-lista de termos sobre unha esfera concreta do coñecemento coas súas definicións.
-Compendio.-recopilación concisapero exhaustiva dun conxunto de coñecementos.
-Tesauro.-Lista moi estructurada de expresións. A súa finalidade é representar o contido conceptual dos documentos. consta de termos recomendados, termos non recomendados e relacións semánticas. Mostra as relacións que forman o contexto dun determinado termo.
O glosario tería un enfoque conceptuale comezaría polos termos de uso máis xeral, discutidos e aceptados por todos.
-Globalización.- É o aumento da integración e interdependencia mundiais. Trátase dun fenómeno de carácter multidimensional: económico, político, social e cultural.
Caracterízase pola velocidade sen precedentes das correntes de bens e servizos: capital privado, circulación de ideas e tendencias, e novos movementos sociais e políticos.
Algúns dos principais factores que contribuíron á globalización son a liberalización comercial e os avances nas tecnoloxías das comunicacións.
-Gobernanza.-Exercicio da autoridade política, económica e administrativa na xestión dos asuntos dun país a tódolos niveis.
Proceso de adopción de decisións e procesos polos que se aplican ou non esas decisións. O análise da gobernanza céntrase nos axentes oficiais e oficiosos que participan na toma de decisións e na súa aplicación; e nas estructuras oficiais e oficiosas que se estableceron para chegar a unha decisión e aplicala.
A boa gobernanza permite acadar os obxetivos de dirixir os asuntos públicos, xestionar os recursos públicos e garantir a realización dos dereitos humáns, sen abusos de corrupción e co debido repeto polo estado de dereito.
-Goberno electrónico.- Consiste en aplicar a tecnoloxía da información e as comunicacións dentro da administración pública, para optimizar as súas funcións internas e externas. O uso da tecnoloxía da información por parte das institucións gobernamentais poden transformar as relacións cos cidadáns, as empresas e outras partes do goberno.
Resume de Ana Mª Benito